CINEGALICIA 25. QUE É O CINE (GALEGO)?
Do 25 de novembro de 2014 ao 20 de decembro de 2014
Co gallo do 25º aniversario da estrea das primeiras longametraxes galegas en 35 milímetros, respectivamente Continental, Urxa e Sempre Xonxa, creouse unha comisión que tivese como obxectivo xerar unha listaxe ou escolma de filmes do período 1989-2014. Centrándose en criterios historiográficos e procurando a maior representatividade e diversidade (industrial, xenérica, temática, autoral), sen atender ás presuntas “mellores” películas galegas dos últimos 25 anos, convidouse a oito profesionais: Eduardo Galán, Miguel Anxo Fernández, Xosé Nogueira, Jaime Pena, Sabela Pillado, Fernando Redondo, José María Rodríguez Armada e José Manuel Sande.
Este ciclo é o resultado desa comisión. Curtas, longametraxes, animación, documental, unha síntese en imaxes deste cuarto de século. En paralelo, o Centro Museo Gaiás organiza unha exposición conmemorativa.
Por último, completamos o ciclo con tres sesións reservadas aos pioneiros, producións dos anos 70 e 80 previas a esta etapa. Moitas das sesións han contar con presentacións dos seus autores.
Sesións curtametraxes pioneiros:
Sesión 1: Retorno a Tagen Ata (Eloy Lozano, 1974); Fendetestas (Antonio F. Simón, 1975); O herdeiro (Miguel Gato, 1976) e O pai de Migueliño (Miguel Castelo, 1977).
Sesión 2: O monte é noso (Llorenç Soler, 1978); Tacón (Xavier Villaverde, 1982); Mamasunción (Chano Piñeiro, 1984) e Río de sombras (Daniel Domínguez, 1986).
Agradecementos: Continental, Xavier Villaverde, TVG, Mariluz Montes, Carlos López Piñeiro P.C., Xosé Xoán Cabanas Cao, María de las Cuevas, Victor Ruppén, Carlos Aurelio López Piñeiro, Fernanda del Nido, Tic-Tac Producciones, Miguel Asensio, Jaime Fernández-Cid, Ricardo Llovo, Carlos Alberto Alonso, Sun Lua, Héctor Carré, Fenda, Raúl Veiga, Miguel Castelo, Ábrago Filmes, Atlántico, Juan Pinzás, Vici Produccións, Escola de Imaxe e Son de A Coruña, Concello da Coruña, Chema Gagino, Off Films, Adivina Producciones, Filmanova, Nós Cinema, Proavis, Luis Avilés, Alberte Pagán, IB Cinema, Xamalú Filmes, Perro Verde, Vía Láctea, Vaca Films, Zeitun Films, Peque Varela, Artefacto, Fernando Cortizo, Dygra Films, Matriuska, Rebordelos, Xacio Baño.

Continental

Urxa
Sempre Xonxa

Pioneiros. Curtametraxes I

Pioneiros. Curtametraxes II

Malapata + Illa PROXECCIÓNS APRAZADAS

18 comidas + Antonio, Jorge y Luis

Un cuento para Olivia + O soldadiño de chumbo

León y Olvido (+Amor serrano)

Martes de carnaval (+ O milagre da carne)

La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos (+ As muxicas)

Dame algo (+ Contar)

Arde amor (+ O desexo)

Era outra vez (+ Unha estrella)

Blanca Madison (+ Coruña imposible)

Bs. As. (+ JEDN)

O lapis do carpinteiro (+ O río ten mans)

Arraianos (+ O cazador)

Costa da Morte (+ Anacos)

Todos vós sodes capitáns (+ 1977)

Celda 211

O apóstolo (+ Taxia)

Sei quen es (+ Afonía)

Belas dormentes (+ Batea)

Santa Liberdade (+ Cousas de Kulechov)

Trece badaladas (+ A subela)

De Profundis (+ Minotauromaquia)

Pradolongo (+ Os Crebinsky)

A noite que deixou de chover (+ Unha luz encendida)

Tralas luces

O bosque animado

Curtametraxes (I)

Curtametraxes (II)
