Curtametraxes (II)
VV.AA., 1978-1986
89'. 35 mm / Vídeo. Entrada de balde.
CURTAMETRAXES (II)
(España, 1978-1986)
Duración: 89 minutos.
Segunda escolma de pezas “pioneiras”. O monte é noso (1978) de Lorenzo Soler, retratista documental dalgúns conflitos galegos na transición, presenta as loitas do campesiñado pola recuperación dos montes comunais. Un filme-enquisa con música de Milladoiro. A curta Tacón (1982) de Xavier Villaverde amosa o universo estilizado do seu autor. A multipremiada peza Mamasunción (1984) de Chano Piñeiro conta a longa historia, coa emigración como núcleo, da correspondencia entre unha nai en Galicia e un fillo en México. Río de sombras (1986) de Daniel Domínguez narra, con elementos ben fiados, un crime fronteira.