Biblioteca

A Biblioteca da Filmoteca de Galicia está especializada en cine, fotografía e comunicación audiovisual.

Os fondos da Biblioteca inclúen máis de 7.000 monografías, máis de 4.000 publicacións periódicas e novas relacionadas co audiovisual galego e coa fotografía feita en Galicia ou por galegos.

Tamén conta cunha mediateca que se achega aos 9.000 filmes en DVD e Blu-ray.

  • O acceso é libre previa cita e está aberta os martes e os xoves en horario de 9:30 a 13:30.
  • A sala conta con 10 postos de consulta.
  • Non está dispoñible o servizo de préstamo.