Empréstito

A Filmoteca de Galicia ten un servizo de empréstito gratuíto provisto dun fondo de títulos en formato DVD de todas aquelas producións audiovisuais sobre as que a Xunta de Galicia ten dereitos de difusión cultural ou daquelas películas recuperadas e restauradas pola propia Filmoteca.

Este servizo está dirixido a institucións e asociacións para actividades sen ánimo de lucro e co obxectivo de difundir a produción audiovisual galega.

  • A solicitude de préstamo formalízase a través do correo electrónico prestamo.filmotecadegalicia@xunta.gal
  • Número máximo de títulos por solicitude: 10.
  • Período máximo de préstamo: 30 días.
  • Logo de recibir a solicitude, a Filmoteca confirmará a dispoñibilidade dos títulos e as datas de envío e devolución. A solicitude debe facerse, como mínimo, con 5 días laborables de antelación. Existe a posibilidade de recollelos e devolvelos nas oficinas do centro en horario de  9.00 a 14.00.
  • O solicitante xestionará e asumirá os gastos do transporte do préstamo que, en ningún caso, se fará mediante correo ordinario.
  • O solicitante devolverá os vídeos no estado orixinal e na data máxima sinalada.
  • O solicitante fará constar a colaboración da Filmoteca de Galicia no material informativo e publicitario da dita actividade.
  • O incumprimento destas condicións poderá dar lugar á suspensión da colaboración da Filmoteca en posteriores ocasións.