Didáctica
A Filmoteca de Galicia conta cunha área de didáctica centrada na formación de novos públicos e na posibilidade de contribuir a un maior coñecemento do labor de recuperación, restauración e difusión do patrimonio cinematográfico do centro.
A proposta educativa que se fai desde a Filmoteca de Galicia márcase como obxectivo principal coordinar accións diversas que permitan achegarse ao cinema como arte e coñecemento e xerar oportunidades de descubrirmos o cine e vencellármonos con el.
Para todo isto a Filmoteca ten unha dupla liña de traballo:
- A programación de cine para familias, escolas e institutos, estruturada a través dos programas Filmoteca Júnior, Novas miradas, CinEd.
- A introdución da práctica creativa nos centros educativos a través dos programas internacionais Cinema en curso e Fotografía en curso coa presenza de fotógrafos e cineastas que traballan conxuntamente cos docentes e acompañan os procesos de creación do alumnado ao longo de todo o curso escolar e en horario lectivo.
Convocatorias para participar en Fotografía en curso, Cinema en curso 2024-2025:
Prazo aberto ata o 15 de xullo.
Contacto
Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Galicia - España
(34) 881 881 269
monica.garcia.iglesias@xunta.gal
Cinema en curso
Programa estrutural de pedagoxía do cine en escolas e institutos.
Fotografía en curso
Programa de difusión e pedagoxía da creación fotográfica en escolas e institutos.
Filmoteca Júnior, Novas Miradas e CinEd
Programación cinematográfica orientada á formación de novos públicos.