Fotografía en curso

Fotografía en curso

Fotografía en curso é un programa de difusión e pedagoxía da creación fotográfica dirixido a rapaces de entre 6 e 18 anos cun triplo obxectivo: facer transmisión da fotografía como arte, cultura e creación; favorecer a descuberta do patrimonio fotográfico e a fotografía contemporánea; e xerar un retrato do territorio a través dunha proposta de prácticas creativas.

Os principais eixes de acción son:

  • A formación do profesorado.
  • Os obradoiros con fotógrafos/as.
  • A web, onde teñen un papel central o apartado dedicado ao descubrimento de fotógrafos diversos e o de exposición das fotografías realizadas polo alumnado.
  • Un programa de prácticas fotográficas partilladas que permiten a iniciación á fotografía, o descubrimento da contorna e o intercambio entre alumnado de contextos sociais e xeográficos diversos.

Fotografía en curso é un programa de A Bao A Qu que a Filmoteca de Galicia coordina en Galicia desde o seu comenzo no ano 2012. Os museos e os centros implicados no proxecto son: ACVic Centre d’Arts Contemporànies, Arxiu Fotogràfic de Barcelona, Arxiu Fotogràfic d’Olot, Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CCCB), Filmoteca de Galicia, Fundació Foto Colectania, Museo Reina Sofía (MNCARS), Museu d'Art Contemporani de Barcelona (MACBA), Museu Nacional d’Art de Catalunya e o Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC).