
Tralas luces
Sandra Sánchez, 2011
114'. DCP. Presentación por Sandra Sánchez. Entrada de balde.
TRALAS LUCES
(España, 2011)
Dirección, guión e fotografía: Sandra Sánchez. Produción: Tic Tac Producciones. Duración: 114 minutos.
A vida dunha familia de feirantes cos seus coches de choque a percorreren as festas do norte de España. Sempre presididos pola forza e polo protagonismo de Lourdes, a cabeza de familia, estamos perante un retrato de observación detido e intenso que se estreou no Festival de Cine de San Sebastián.