18 comidas + Antonio, Jorge y Luis
Jorge Coira, 2010 (+Miguel Asensio e Beatriz Santana, 1998)
98'. 35 mm. / Betacam. Presentación a cargo de Jorge Coira. Entrada de balde.
18 COMIDAS
(España, 2010)
Dirección: Jorge Coira. Produción: Tic Tac Producciones SL, Zircocine, Lagarto Cine e TVG. Fotografía: Brand Ferro. Intérpretes: Luis Tosar, Pedro Alonso, Camilla Bossa. Duración: 90 minutos.
Mestre Mateo á mellor longametraxe. Macérense os personaxes durante unha xornada e reméxanse ben para que as súas historias liguen ata formaren unha masa consistente e esponxada. Aderécense xenerosamente cunha mestura de drama e comedia, dándolles liberdade aos ingredientes para se empaparen do sabor dos outros. Métanse no forno e espérese a que se cociñen a temperatura baixa eses anacos de vidas que non son nosas, mais que poderían selo. Alíñense ao gusto con risos e bágoas e, finalmente, sírvanse nunha boa mesa, para que, quen o desexar, poida degustar, durante algo máis dunha hora e media, estas 18 comidas. Axeitada a conxunción do elenco, o manexo da coralidade e a sucesión de situacións formuladas.
Inclúe a curta Antonio, Jorge y Luis (1998) de Miguel Asensio e Beatriz Santana.