Sempre Xonxa
Chano Piñeiro, 1989
112´. 35mm. Entrada de balde.
SEMPRE XONXA
(España, 1989)
Dirección e guión: Chano Piñeiro. Produción: Produccións Cinematográficas Piñeiro, SA. Fotografía: Miguel Ángel Trujillo. Intérpretes: Uxía Blanco, Xavier R. Lourido. Duración: 112 minutos.
A historia dunha muller, Xonxa, e dous homes, Pancho e Birutas, e as relacións entre a infancia de todos, o ano 1947 deica o 1986. A emigración nas súas dúas vertentes (éxito e miseria), a complexidade das relacións humanas, as lendas e a realidade, a ultratumba dunha aldea que vai morrendo perdida nos montes de Galicia. Humor e realismo máxico para un dos títulos míticos da historia recente do cine galego. A terceira das tres longametraxes estreadas no marco de Cinegalicia, tivo o pase inaugural o sábado 25 de novembro de 1989 no Cine Fraga de Vigo.