
De Profundis (+ Minotauromaquia)
Miguelanxo Prado, 2006 (+ Juan Pablo Etcheverry, 2004)
90'. 35 mm. Entrada de balde.
DE PROFUNDIS
(España, 2006)
Dirección e guión: Miguelanxo Prado. Produción: Continental, Desembarco, Estrella Galicia e Zeppelin Filmes. Duración: 80 minutos.
Candidata ao premio Goya á mellor longa de animación, estrea no cine do debuxante Miguelanxo Prado. Unha casa no medio do mar está ateigada de obxectos relacionados co mar e a navegación, e mais planos e deseños dun barco soñado por un pintor. A muller que o ama toca o violoncello na terraza fronte ao mar. A música convoca un fato de grandes cetáceos que se aproximan a ela. Entrementres, o pintor vai de mariñeiro nun pesqueiro. Cando se desencadea unha treboada e unha onda xigantesca afunde a embarcación, a muller, na soidade da casa, intúe e presaxia a traxedia.
Acompáñao outra peza de animación, Minotauromaquia (2004) de Juan Pablo Etcheverry.