
Malapata + Illa PROXECCIÓNS APRAZADAS
Carlos Aurelio López Piñeiro, 1980 + 1975
95´. 16 mm. Entrada de balde.
MALAPATA
(España, 1980)
Dirección: Carlos Aurelio López Piñeiro. Guión: Carlos Aurelio López Piñeiro e Xosé Manuel Villanueva Prieto, sobre un argumento de José Luis Santos. Produción: Cine-Vos polo Equipo Imaxe. Fotografía: Xavier Iglesias. Intérpretes: Roberto Remexeiro, María Eugenia Alerich. Duración: 75 minutos.
Leocadio Remexeiro, alias Malapata, ten que marchar da súa aldea natal para unha vila mariñeira a vivir coa tía. Seus pais marcharon á emigracion europea. Polo seu físico e forma de ser Malapata parece predestinado a ser vítima do mundo. Pouco a pouco comeza a se integrar no lugar. Estreada en abril de 1980 e rodada en 16 milímetros, é a última produción do grupo Imaxe.
ILLA
(España, 1975)
Dirección e guión: Carlos Aurelio López Piñeiro. Produción: Víctor Ruppén. Fotografía: Félix Casado e Xesús Montero. Intérpretes: María Vilanova, Lucho López. Duración: 20 minutos.
Un rapaz resístese a abandonar unha illa en proceso de mutación. A illa, de tradición mariñeira vai ser transformada en complexo turístico. Música de Miro Casabella e Amancio Prada.