
O carro e o home
- 12 minutos
En 1940 o cineasta ourensán Antonio Román realizaba o filme El hombre y el carro con guión e produción de Xaquín Lorenzo “Xocas” e montaxe de Carlos Serrano de Osma. A película é un relato lineal da vida do carro, acompasado este coa vida das persoas que o usan e que nos guían polas diferentes angueiras en que se ocupan as xentes da aldea. Un copión do filme aparecido no Museo Arqueolóxico de Ourense e conservado logo no Museo do Pobo Galego serviu para que en 1980 Eloy Lozano montase unha nova versión do documental cunha locución do propio Xocas. Esta segunda versión é O carro e o home.
Dixitalización 4K realizada a partir dos materiais en 35mm conservados na Filmoteca de Galicia e financiada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.
-
-
Materiais para unha historia do cine en Galicia
Retorno a Tagen Ata
Os oleiros
El castaño
O carro e o home
Versión lingüística:VOFormato:35mm.Entrada gratuíta. 35mm/16mm/DCP.
- Ano:1980
- Países de produción: España
- Guión: Antonio Román, Xaquín Lorenzo
- Montaxe: Carlos Serrano de Osma
-
Pepe Coira: "'O Carro e o Home' aparece cando non había ningún filme igual ou co que comparalo"
Moncho Mariño (Galicia Confidencial)
-
O carro e o home
Lucía Suárez (El filandón berciano)