
Arraianos
Arraianos
Aurora Salgado, Antonio Ferreira, Celsa Araujo, Eulalia González.
- 70 minutos
Nun lugar que semella perdido nos bosques entre Galicia e Portugal, momentos de ficción conviven co cotián dos seus habitantes, os arraianos, que interpretan diálogos dunha obra teatral. Realidade, mitos e soños fúndense neste filme libremente inspirado na obra O bosque, de Jenaro Marinhas del Valle. Produto dun longo proceso de creación, unha película sobre o tempo, a memoria e a propia musicalidade da palabra.
- Ano:2012
- Países de produción: España
- Guión: José Manuel Sande, Eloy Enciso; Mauro Herce, Manuel Muñoz Rivas
- Fotografía: Mauro Herce
- Montaxe: Manuel Muñoz Rivas
- Produtora(s): Zeitun Films, Artika Films