
Blanca Madison (+ Coruña imposible)
Carlos Amil, 2000 (+ Francisco Rañal, 1995)
94'. 35 mm. Entrada de balde.
BLANCA MADISON
(España, 2000)
Dirección: Carlos Amil. Guión: Carlos Amil, Daniel Domínguez, Joaquín Jordá e Xan Cejudo, sobre un relato de Boris Vian. Produción: Vici Produccións SL. Fotografía: Ángel Luis Fernández. Intérpretes: Javier Albalá, Mario Gas, María Pilar Pérez Punzano. Duración: 82 minutos.
Urbano sae do cárcere e recolle no taxi en Portugal unhas prostitutas para levalas ao club que rexenta Bocanegra, localizado nunha cidade atlántica. Na viaxe crúzase con Blanca Madison, unha cantante de boleros que volve á cidade para vingarse de Bocanegra. Produción galega de inspiración romántica e halo fatalista que, inspirada nun relato de Boris Vian, coñeceu unha irregular distribución.
A proxección inclúe a curtametraxe Coruña imposible (1995) de Francisco Rañal.