
A noite que deixou de chover (+ Unha luz encendida)
Alfonso Zarauza, 2008 (+ Alber Ponte, 2000)
111'. 35 mm. Entrada de balde.
A NOITE QUE DEIXOU DE CHOVER / LA NOCHE QUE DEJÓ DE LLOVER
(España, 2008)
Dirección e guión: Alfonso Zarauza. Produción: Iroko Films e Perro Verde. Fotografía: Carlos Arenal. Intérpretes: Luis Tosar, Nora Tschimer, Mercedes Sampietro, Chete Lera. Duración: 90 minutos.
A viaxe nocturna por un Santiago de Compostela bohemio a cargo de Spleen, un filósofo de bar que a noite que deixa de chover (logo de facelo tres meses ininterrompidos) coñece a Rusa. Atmosférica e melancólica, un aplicado traballo de estilización e ambientación para a primeira longa dun dos directores en Galicia do ano 2014, Alfonso Zarauza, que asina tamén Encallados e Os fenómenos.
A proxección inclúe a curtametraxe Unha luz encendida (2000) de Alber Ponte.