
La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos (+ As muxicas)
Antonio Blanco e Ricardo Llovo, 1993 (+ Carlos Alberto Alonso, 2002)
93'. Betacam. Entrada de balde.
LA MATANZA CANÍBAL DE LOS GARRULOS LISÉRGICOS
(España, 1993)
Dirección: Antonio Blanco e Ricardo Llovo. Guión: Antonio Blanco. Produción: Videovil. Fotografía: Enrique Rodríguez. Intérpretes: Manuel Manquiña, Juan Esteban, Mamem Ribera, Julián Hernández, Silvia Superstar. Duración: 93 minutos.
Gore galego financiado por subscrición popular e axiña convertido en obxecto de culto. Rodado con desenfado e desenfreo, apoiado en coñecidos intérpretes e nomes do mundo artístico galego, posúe referentes ben precisos (Lewis, Friedman, a Troma, 2.000 maníacos ou A matanza de Texas) que subverte cun sentido do humor sen complexos.
Acompaña a curtametraxe As muxicas (2002) de Carlos Alberto Alonso.