
Belas dormentes (+ Batea)
Eloy Lozano, 2001 (+ Xosé Vilaboy, 1999)
135'. 35 mm./ Betacam. Versión galega. Entrada de balde.
BELAS DORMENTES / BELLAS DURMIENTES
(España, 2001)
Dirección e guión: Eloy Lozano. Produción: Off Films. Fotografía: Tomás Pladevall. Intérpretes: Clive Arandell, Jane Bautista, Xabier Elorriaga, Teresa Gimpera. Duración: 120 minutos.
A única longametraxe que deixou feita o falecido Eloy Lozano é unha adaptación da novela do premio Nobel xaponés Yasunari Kawabata. Conta a historia de Lawrence, un prestixioso literato e profesor de universidade, que chega aos 60 anos nunha vella cidade en que vai ensinar polo inverno. Por medio do seu colega Elías, descobre alí unha casa moi especial rexentada por unha muller hermética e misteriosa de nome Salomé. Nesta casa, homes maduros pasan a noite onda mozas novas narcotizadas, que permanecen tranquilamente neste estado.
Acompaña a curtametraxe Batea (1999) de Xosé Vilaboy.