Malmkrog
Agathe Bosch, Ugo Broussot
- 200 minutos
Nikolái, poderoso terratenente e home de mundo, decide convidar os seus amigos da alta sociedade a aloxarse na súa mansión de Malmkrog, Transilvania, para pasar as festas de fin de ano. Entre os seus convidados atopamos a un político francés, un xeneral ruso e unha condesa, que disfrutan dunha velada serena entre saborosas comidas, xogos de sociedade e fondas discusións sobre a moral, a política, a morte ou a existencia do mal. A medida que as horas pasan, as tensións aumentan e calquera pode caer vítima do seu propio discurso… Inspirada nos textos do filósofo ruso Vladimir Soloviev, Malmkrog é unha viaxe a través da historia e unha oda ao intercambio de ideas.
- Ano:2020
- Países de produción: Bosnia e Herzegovina, Macedonia, Romanía, Serbia, Suecia, Suíza
- Guión: Cristi Puiu; libro Vladimir Solovyov
- Fotografía: Tudor Vladimir Panduru
- Produtora(s): Mandragora Movies, SENSE Production