Filmes falados
Do 3 de novembro de 2022 ao 30 de novembro de 2022
“Um Filme Falado” é o título dunha película de Manoel de Oliveira de 2003, unha fábula onde os personaxes, pechados nun cruceiro polo Mediterráneo, discuten sobre o divino e sobre o humano, nunha sorte de metáfora sobre o destino da civilización europea, mesturando con total naturalidade linguas diferentes. Non é unha película en que se fale nin máis nin menos que noutras de Oliveira, mais o título parece moi axeitado para trazar un panorama por ese cine máis recente edificado a partir da palabra. Digamos que a gran maioría do cine posterior a 1930 está constituído por “películas faladas”, o que non quere dicir que en todas se fale por igual nin do mesmo. O diálogo sostén moitas películas contemporáneas e moitos cineastas son verdadeiros mestres na arte de combinar as palabras e as imaxes: Hong Sang-soo, Ted Fendt, Cristi Puiu, Matías Piñeiro, Albert Serra, Ryûsuye Hamaguchi etc. O ciclo “Filmes falados” é tamén unha oportunidade para presentar restauracións recentes de clásicos deste cine da palabra. Non podía faltar Ordet (La palabra), de Carl Th. Dreyer, mais tampouco La mamá y la puta, de Jean Eustache. Nin ao menos unha representación do cine de Oliveira, Francisca.
  
  Ordet (La palabra)
  
  Quiero hablar sobre Duras
  
  Malmkrog
  
  La mamá y la puta
  
  La ruleta de la fortuna y la fantasía
  
  Introduction
  
  El libro de imágenes
  
  Drive My Car
  
  Annette
  
  Francisca
  
  ¿Qué vemos cuando miramos al cielo?
  
  Isabella
  
  Las ilusiones perdidas
  
  Pacifiction
  
  Outside Noise