
Francisca
Teresa Menezes, Diogo Dória
- 166 minutos
Retrato dunha historia de amor obsesiva, Oliveira basease nunha novela de Agustina Bessa-Luís. Narra un pasaxe problemático na vida real de Camilo Castelo Branco, onde o seu amigo José Augusto embárcase nun xogo conxugal perverso con Francisca, a muller amada polo novelista. Esta historia levou a Oliveira a imaxinar novos niveis de forma e estilo; tamén axudou que a súa esposa, parente lonxana da histórica Francisca, lle dera acceso á súa correspondencia.
Coas súas elaboradas tarxetas de intertítulos, a súa abundancia de planos nos que a acción se orienta directamente cara a cámara, os seus lúgubres interiores, e os seus espectaculares escenarios de gala, é unha experiencia cinematográfica esixente, suntuosa e absolutamente inimitable, un dos logros máis importantes de Oliveira. Supón o inicio dunha colaboración longa e frutífera coa escritora Agustina Bessa-Luís e co produtor Paulo Branco. A copia que presentamos ten a súa orixe na dixitalización 4K do negativo de cámara en 35mm conservado pola Cinemateca Portuguesa.
- Ano:1981
- Países de produción: Portugal
- Guión: Manoel de Oliveira; novela de Agustina Bessa-Luis
- Fotografía: Elso Roque
- Produtora(s): V.O. Filmes