O lapis do carpinteiro (+ O río ten mans)
Antón Reixa, 2003 (+ Beatriz del Monte, 2000)
122'. 35 mm. Entrada de balde.
EL LAPIZ DEL CARPINTERO / O LAPIS DO CARPINTEIRO
(España-Portugal-Gran Bretaña, 2002)
Dirección: Antón Reixa. Guión: Antón Reixa e Xosé Morais, sobre a narración de Manuel Rivas. Produción: Portozás Visión, Morena Films, Sogecine, TVG e Telemadrid, D&D Audiovisuais (Portugal), Fish People Limited (Gran Bretaña) coa participación de Canal +, Antena 3 TV, CTV e a colaboración de Caixanova. Fotografía: Andreu Rebés. Intérpretes: Luis Tosar, Tristán Ulloa, María Adánez, Nancho Novo. Duración: 106 minutos.
En Galicia en 1936 Daniel Da Barca e Marisa Mallo viven o seu amor en plena guerra civil. El sobrevive no cárcere pola forza da imaxinación, as conviccións e a palabra. Desde fóra, ela pelexa por lle devolver a liberdade. Entre ambos e a seguir cadanseus pasos está Herbal, o home que vixía a Daniel na prisión e que esconde un segredo, unha obsesión, que o ha atormentar o resto da súa vida.
Acompaña a curtametraxe O rio ten mans (2000) de Beatriz Del Monte.