
Martes de carnaval (+ O milagre da carne)
Pedo Carvajal e Fernando Bauluz, 1991 (+ Javier Codesal, 1996)
110'. 35 mm. Entrada de balde.
MARTES DE CARNAVAL
(España, 1991)
Dirección: Pedro Carvajal e Fernando Bauluz. Guión: Xoán de Espadañedo, Federico Llano e Pedro Carvajal. Fotografía: Tote Trenas. Produción: Jaime Fernández Cid, Margen S. A, Cartel S. A. Intérpretes: Fernando Guillén, Miguel Molina, Juan Diego. Duración: 92 minutos.
Todo pode acontecer nun Martes de Entroido, última festa denantes dos rigores da Coresma. O amor e mais a morte danzan no mesmo baile. Un escritor alcolizado refuxiado na vella casa da aldea foxe do acoso da súa exmuller, enganchada á heroína. Ten un soño do pasado e escribe un relato, ameazado polo seu editor.
Inclúe a curta O milagre da carne (1996) de Javier Codesal.