Pioneiros. Curtametraxes II
VV.AA., 1978-1986
89´. 35mm/vídeo. Entrada de balde.
CURTAMETRAXES (II)
(España, 1978-1986)
Duración: 89 minutos.
Segunda escolma de pezas “pioneiras”. O monte é noso (1978) de Lorenzo Soler, retratista documental dalgúns conflitos galegos na transición, presenta as loitas do campesiñado pola recuperación dos montes comunais. Un filme-enquisa con música de Milladoiro. A curta Tacón (1982) de Xavier Villaverde amosa o universo estilizado do seu autor. Mamasunción (1984) de Chano Piñeiro, multipremiada peza, conta a longa historia dunha correspondencia in absentia coa emigración como núcleo, unha nai en Galicia e un fillo en México. Río de sombras (1986) de Daniel Domínguez narra un crime de fronteira, con elementos ben fiados.