
Sei quen es (+ Afonía)
Patricia Ferreira, 2000 (+ Chema Gagino, 1996)
116'. 35 mm. Entrada de balde.
SÉ QUIÉN ERES / SEI QUEN ES
(España, 2000)
Dirección: Patricia Ferreira. Guión: Daniela Féjerman e Inés París. Fotografía: José Luis Alcaine. Produción: Continental, Tornasol e Zarlek Producciones. Intérpretes: Miguel Ángel Solá, Ana Fernández. Duración: 100 minutos.
Unha psiquiatra vocacional, Paloma, vai traballar a un hospital remoto en Galicia. Alí coñece a Mario, un paciente singular. Inquietante e sedutor, Mario padece unha estraña enfermidade, a síndrome de Korsakoff, que produce alteracións na memoria. Paloma tenta que Mario reconstrúa algo importante do seu pasado, sucesos claves na historia política do país, por tanto segredos problemáticos. Thriller con elementos de psicodrama ben perfilados, gañador do Goya á mellor banda sonora (José Nieto).
Inclúe a curta Afonía (1996) de Chema Gagino.