Curtametraxes (I)
VV.AA., 1978-1986
69'. 35 mm/ 16 mm. Entrada de balde.
CURTAMETRAXES (I)
(España, 1974-1977)
Duración: 69 minutos.
Escolma de pezas “pioneiras”. Retorno a Tagen Ata (1974) de Eloy Lozano, primeira curta en 35 milímetros, con música de Pink Floyd e baseada na narración homónima de Xosé Luis Méndez Ferrín. Unha militante dunha organización clandestina no exilio retorna para contactar coa resistencia nun país carente de liberdades. Fendetestas (1975) de Antonio F. Simón, produción de Víctor Ruppén que toma parte dun relato d’El bosque animado de Wenceslao Fernández Flórez. O herdeiro (1976) de Miguel Gato é un melodrama rural. O pai de Migueliño (1977) de Miguel Castelo, gañadora de varios premios, adapta unha estampa de Cousas de Castelao coa emigración como centro.