Costa da Morte (+ Anacos)
Lois Patiño, 2013 (+ Xacio Baño, 2012)
85'. DCP / Betacam. Entrada de balde.
COSTA DA MORTE
(España, 2013)
Dirección, guión e fotografía: Lois Patiño, coa colaboración de Carla Andrade. Produción: Zeitun Films. Duración: 83 minutos.
A Costa da Morte é unha zona de Galicia que foi considerada a fin do mundo durante o Imperio Romano. O seu dramático nome provén dos numerosos naufraxios que se sucederon ao longo da historia nesta área feita de rochas, brétemas e temporais. Atravesamos esta terra a observarmos as persoas que a habitan: pescadores, mariscadores, madeireiros...Somos testemuñas do traballo que realizan, co cal manteñen á vez unha relación íntima e unha batalla antagónica coa inmensidade do territorio. O vento, a pedra, o mar, o lume, son personaxes neste filme, e a través deles achegámonos ao misterio que supón a paisaxe, entendida como unha unidade xunto ao home, a historia e o mito. Poético filme galego premiado en Locarno e Sevilla.
Acompaña a curta Anacos (2012) de Xacio Baño.