Urxa
Carlos Aurelio López Piñeiro e Alfredo García Pinal, 1989
87´. 35mm. Entrada de balde.
URXA
(España, 1989)
Dirección e guión: Carlos Aurelio López Piñeiro e Alfredo García Pinal. Produción: Carlos Aurelio López Piñeiro e Xosé Xoán Cabanas Cao. Fotografía: Javier Serrano. Intérpretes: Luma Gómez, Laura Ponte, Ernesto Chao. Duración: 87 minutos.
Tres momentos na vida dunha muller na sociedade galega do século XX. Por medio dunha meiga, Urxa, asistimos á transmisión dun saber atávico, á procura dun tesouro e ao achado dun misterioso ídolo por unha arqueóloga. Formado por tres relatos distintos, tomando elementos culturais e literarios, “O medallón de Urxa”, “O tesouro de Petro Xesto” e “O Ídolo de Mider” (inspirado nun relato de Cortázar), o filme mestura tradicións, lendas, cultura máxica rural e memoria. A segunda das tres longametraxes estreadas no marco de Cinegalicia, tivo o pase inaugural o venres 24 de novembro de 1989 no Cine Fraga de Vigo.