As tres outras vidas de María Santiso
Roberto Alvite, Javier Gálego, Lucía Veiga, Fran Paz, Lara Boedo, Tito Refoxo, Sara Sanz, Tacho González
- 83 min.
Tras a curta de ficción As tres caídas de María Santiso (2019), con Lucía Veiga á fronte, sobre unha muller que vive illada nunha aldea remota; e o tráiler dun filme de mortos viventes que nunca existiu, As tres vidas de María Santiso (2022), na que a mesma protagonista “resucitaba”; As tres outras vidas de María Santiso (2024) toma a forma dun falso making of da mesma fita. Comedia negra de irreverente humor para atacar un dos grandes males de Galicia: o esmorecemento do mundo rural.
-
Off Galicia
As tres outras vidas de María Santiso
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación e coloquio: R. Alvite. Entrada de balde.
- Ano:2024
- Países de produción: España
- Guión: Roberto Alvite
- Fotografía: Andrea Louzao
- Montaxe: Ana Scast
- Produtora(s): Melgo Cinema
-
María Santiso: curta, filme e falso documental con Roberto Alvite e Lucía Veiga
María Solar (Zigzag – TVG)
Tráiler
VO