![Alicia fai cousas](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/afc_07.jpg?itok=k403wHBr)
Alicia fai cousas
Alicia Armenteros, Alejandro Jato, Sara Ferro, Xiana Prada, Inés Santos
- 25 min.
Alicia está obsesionada, metéuselle na cabeza que é aburrida, ou que está aburrida, ou quizais simplemente que todo é aburrido. Nós seguímola na súa obsesión mentres se prepara para un casting, pensa se apuntarse a algún curso ou dubida en ir ou non ir a unha festa. Nos propuxémonos reflexionar arredor da idea do aburrimento na súa deriva máis existencial mais en ton de comedia moral. Alicia está obsesionada. Saca o tema, fai listas, documéntase. Non pode evitar habitar o aburrimento. Ao mesmo tempo necesita manterse ocupada para non enfrontarse ao baleiro, de aí o paradoxo: Alicia abúrrese, Alicia fai cousas.
-
Fóra de serie
Alicia fai cousas
Din que non falan
Por la pista vacía
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación polos autores
- Ano:2023
- Países de produción: España
- Guión: Pablo García Canga, Ángel Santos
- Fotografía: Isaura Docampo
- Montaxe: Marcos Flórez, Ángel Santos
- Produtora(s): Amateurfilms