Yasujirô Ozu
Do 4 de maio de 2024 ao 1 de outubro de 2024
“Se no noso século houbera algunha cousa sagrada, se existise algo coma o sagrado tesouro do cine, para min sería a obra do director xaponés Yasujirô Ozu (…). Por moito que sexa tipicamente xaponés, este cine é, á vez, universal. Eu recoñecín todas as familias do mundo enteiro, e tamén a meus pais, a meu irmán e a min mesmo. Para min, o cine nunca estivera, nin antes nin despois, tan próximo da súa esencia e do seu obxectivo: ofrecer unha imaxe do home do noso século… unha imaxe útil, verdadeira e válida coa que identificarse, mais, sobre todo, desde a cal se pode aprender algo dun mesmo.” Wim Wenders, director de cine
Un ciclo dedicado a Yasujirô Ozu (1903-1963), o cineasta xaponés, un dos máis importantes da historia e un dos máis influíntes no cinema contemporáneo (de Aki Kaurismäki a Ryūsuke Hamaguchi, entre moitos outros), que se estrutura en dúas partes. A primeira, en maio e xuño, cobre a súa etapa de posguerra (1947-1962), a máis coñecida da súa filmografía, mentres a segunda, en setembro, ha abordar varios dos seus títulos da etapa muda e as súas primeiras películas sonoras, en que se vai configurando un estilo recoñecible como poucos na historia do cine.
Historia de un vecindario
Primavera tardía
Principios de verano
Las hermanas Munekata
Cuentos de Tokio
Crepúsculo en Tokio
Flores de equinoccio
La hierba errante
Buenos días
Otoño tardío
El sabor del sake
Historia de una hierba errante
Fantasía pasajera
He nacido, pero...
Un albergue en Tokio
El hijo único
Hermanos y hermanas de la familia Toda