Las hermanas Munekata
- 112 minutos
As irmás Setsuko e Mariko rexentan un pequeno bar en Toquio. Malia medraren xuntas, non poden ser máis distintas: Setsuko, a máis vella, viste quimono tradicional e casou moi nova con Mimura, un home triste e que bebe en exceso; Mariko, a máis nova, prefire a roupa de estilo occidental e gozar dos pequenos praceres da vida. O abismo entre elas redúcese co regreso do anticuario Hiroshi, o grande amor de mocidade de Setsuko. Convencida de que aínda hai sentimentos entre ambos, Mariko tratará de revivir, custe o que custar, a paixón entre Hiroshi e a irmá.
-
-
-
-
Yasujirō Ozu
Las hermanas Munekata
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.Proxección previa de O carrabouxo (Lhosca Arias, 1997) 3'
- Ano:1950
- Países de produción: Xapón
- Guión: Yasujirô Ozu, Kogo Noda
- Fotografía: Joji Ohara
- Produtora(s): Shintoho