
Kinuyo Tanaka
Do 22 de marzo de 2023 ao 26 de abril de 2023
Kinuyo Tanaka (1909-1977) é unha das grandes actrices do cine xaponés. Unha actriz moi precoz, por outra parte, que debutou na Shochiku con só 14 anos e que se converteu nun rostro habitual nas películas dos grandes directores clásicos xaponeses: Hiroshi Shimizu, Heinosuke Gosho, Mikio Naruse, Yasujiro Ozu ou Kenji Mizoguchi, compoñendo unha filmografía que integran máis de 200 películas. Precisamente, será Mizoguchi, para o que traballará en 15 películas, o que lle proporcionará dous dos seus papeis máis coñecidos, os de Vida de Oharu (1952) e Cuentos de la luna pálida (1953), xusto antes de que Tanaka dea o salto ao outro lado da cámara con Koibumi (Love Letter, 1953), que se estreará no Festival de Cannes. Tanaka realizará outras cinco películas nos próximos diez años, algo pouco habitual para unha muller en aqueles tempos (anos cincuenta) tanto no contexto do cine xaponés como do mundial. De feito, en Xapón, só había un precedente, o de Tazuko Sakane, que dirixira unha película nos anos trinta. A película máis relevante da carrera de Tanaka como directora será probablemente a terceira, Chibusa yo eien nare (Eternal Breasts, 1955), pero, despois de 1962, se dedicará exclusivamente á interpretación. A súa última película data de 1976, uns meses antes da súa morte. No texto “Kinuyo Tanaka: unha estrela detrás da cámara”, escrito para a ocasión dun homenaxe á actriz e directora en Tabakalera (San Sebastián), Irene González-López sostén: “Os seus protagonistas tentan vivir conforme ás súas propias ideas e facerse un oco nunha sociedade centrada nos intereses dos homes. Sen desviarse tampouco radicalmente da concepción de xénero do momento, Tanaka ofrece alternativas ao estereotipo de muller xaponesa vulnerable e sacrificada que directores como Mizoguchi idealizaran. Son mulleres que loitan contra a adversidade por principios, por supervivencia, por amor ou desexo, pero xamáis son víctimas impotentes. Tanaka explorou temas como o desexo sexual feminino, a maternidade, e a violencia e o sexo entre mulleres. A súa representación do cancro de mama en Pechos eternos é sorprendentemente explícita e pioneira en afrontar os retos psicolóxicos e emocionais que conleva a enfermidade. La noche de las mujeres (1961) aborda o traballo sexual despois de que Xapón ilegalizara a prostitución en 1956 e se deixara de prestar atención a este problema claramente non resolto.”
O ciclo da Filmoteca de Galicia comprende as súas seis longametraxes como directora e algúns dos seus traballos máis representativos como actriz (algún dos cales xa puideron verse no ciclo dedicado a Mikio Naruse en marzo de 2022).

Love Letter

Eternal Breast

The Moon Has Risen

The Wandering Princess

Girls of the Night

Las hermanas Munekata

Love under the Crucifix
