Cuentos de Tokio
Tôkyô monogatari
Chishû Ryû, Chieko Higashiyama, Setsuko Hara, Haruko Sugimura
- 136 min.
Un matrimonio maior que vive no Xapón rural viaxa a Toquio para pasar uns días cos fillos. Hai moito tempo que non os ven, mais a visita acaba significando unha molestia para eles e as familias. A parella de anciáns comproba con tristura que se converteu nunha carga para os seus propios fillos, que deciden envialos a un balneario logo de non seren capaces de facerse cargo deles. Só a súa nora Noriko, viúva dun dos fillos, lles mostra auténtico afecto.
- Ano:1953
- Países de produción: Xapón
- Guión: Kôgo Noda, Yasujirô Ozu
- Fotografía: Yûharu Atsuta
- Montaxe: Yoshiyasu Hamamura
- Produtora(s): Shichiku