Espectros de Europa
Do 12 de setembro de 2018 ao 11 de outubro de 2018
'Espectros de Europa' reúne catorce producións recentes que, dalgún xeito, unhas veces máis sutilmente, outras levándoo a un primeiro plano, abordan o tema da convivencia, dos conflitos derivados da emerxencia do racismo, a xenofobia ou o nacionalismo, como se aínda Stefan Zweig estivese enxergando un vello continente en chamas. Deixándomos conscientemente a un lado a vertente máis misantrópica e violenta do cine social europeo, o certo é que esta escolla de filmes fala do pasado (particularmente Stefan Zweig: adiós a Europa) e do presente, cando non de dúas temporalidades que se solapan, de forma literal en En tránsito o coa saída á luz dun pasado que se quixo soterrar para mantelo agachado (Ida e Escoréu, 24 d'avientu de 1937). Outras veces son as tensións étnicas (Demasiado cerca, A Ciambra), a aparición do outro, do inmigrante, polo xeral (El otro lado de la esperanza, The Square), o colonialismo económico (Toni Erdmann, Western), as consecuencias directas e máis inmediatas da crise (La fábrica de nada) ou, simplemente, un sentimiento tan abstracto como desencantado do que outrora puido supor a utopía europea, ao menos para a xuventude (Park, Europa), os que nos traen de volta esa ameaza crónica, a dunha pantasma que se resiste a nos abandonar.