Escoréu, 24 de diciembre de 1937
Escoréu, 24 d'avientu de 1937
- 67 minutos
Exhumación dos corpos de dous irmáns asasinados por falanxistas en Escoréu (Asturias) en 1937, mentres se entrevista as poucas testemuñas que quedan vivas dese crime.
- Ano:2017
- Países de produción: España
- Guión: Ramón Lluís Bande
- Fotografía: Juan A. García
- Montaxe: Dani Álvarez
- Produtora(s): De la piedra producciones
-
Ramón Lluis Bande: "La guerra en Asturias se vivió como una derrota doméstica"
Entrevista en Cadena Ser, por Alicia Álvarez
Trailer do filme
Versión orixinal subtitulada
Escoréu, 24 d'avientu de 1937
Diego Lerer (Micropsia)
Un home é asasinado na Guerra Civil española, nunha desolada paraxe asturiana. 80 anos despois un equipo de expertos dedícase a buscar e exhumar o cadáver. A cámara de Bande divídese entre retratar a complicada tarefa ao detalle, en longos planos en tempo real que retratan un par de días de tarefa; e entrevistar –tamén en longos planos– a tres testemuñas desa morte que van recuperando detalles da sinistra historia.
Os testemuños serven para graficar a trama escura do que sucedeu daquela, mais o filme incide máis no traballo físico da busca e exhumación, sempre dende unha distancia respectuosa e coidada, ata chegar ao final, cando os ósos contan esoutra historia, a física, a que as voces evocan. A película, como case toda a obra de Bande, non é para impacientes nin trata de derrubar ou modificar formatos xa probados por documentalistas que se dedican ao retrato observacional. É outra das historias, das feridas da guerra, que o cine trata, se non de pechar, ao menos de evocar con recursos nobres.