
O auto das ánimas
- 73 min.
Nunha aldea de Redondela a familia de Pablo vive apegada ás súas antigas tradicións e crenzas. Sentindo que non cadraba neste mundo, Pablo marchou hai vinte anos para comezar outra vida lonxe de todos eles. Mais, a medida que tanto el coma a familia van envellecendo, unha sensación inquieta nel comeza a se facer máis forte. No tempo da augardente, a familia reúnese e intúe que quizais xa non lle queda moito tempo. Unha historia de memorias, identidade, rituais e reencontros.
-
Off Galicia
O auto das ánimas
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación e coloquio: Pablo Lago Dantas e Andrea Franco. Entrada de balde
- Ano:2023
- Países de produción: España
- Guión: Pablo Lago Dantas, Diana Toucedo
- Fotografía: Pablo Lago Dantas
- Montaxe: Juan Carrano
- Produtora(s): DianaToucedo Films, CRTVG