Sesión 4. Comunicacións na diáspora, interxeracións
- 85 min.
Cienfuegos 1913 (Margarita Ledo, Belkis Vega, 2008, 8 min)
Este documental con vontade experimental está abordado como un exercicio de correspondencia que comeza cando a directora galega lle pide á cubana que filme a cidade natal de súa nai. Vega responde cun retrato que incorpora imaxes actuais e antigas de Cienfuegos. Na segunda parte da peza, Ledo realiza unha exploración da súa casa familiar, na Terra Cha.
Ata pronto, adeus (CPI O Cruce, de Cerceda, alumnado 1º-2º ESO, 2022, 11 min)
Segunda II (Anita Pico, 2024, 17 min)
Neste retrato dunha muller do campo galego descubrimos os valores de quen un día dominaron a historia. Segunda quedou marcada co seu nome cando naceu, pero tiña outros plans. Desde Couso, unha pequena vila galega, esta matriarca de oitenta anos viviu a súa vida coa determinación e personalidade dos emperadores romanos que conquistaron o mundo.
Memorias de ultramar (Carmen Bellas, Alberto Berzosa, 2021, 49 min)
Memorias de ultramar é un documental realizado con imaxes rodadas por familias que viviron nas colonias, provincias e territorios baixo dominio español entre 1940 e 1975. Unha sucesión de instantáneas propias de quen se traslada a outro país e configura o seu novo fogar. O álbum pasa as súas páxinas e en determinados momentos a proxección detense, o editor rebobina, amplía, analiza e busca ecos dentro do material familiar. Que temas se repiten? Como se filma a natureza, o traballo, a muller, as materias primas? Cal é a posición do outro no encadre? Existe algunha pegada do colonial nas imaxes domésticas?
-
Olladas de Muller: cinema desde a emigración
Sesión 4. Comunicacións na diáspora, interxeracións
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación. Entrada de balde.

