Ata pronto, adeus

CPI O Cruce (Cerceda)
1º da ESO, 2º da ESO | Cinema en curso 2021-2022

"Este é o lago das Encrobas. Debaixo da auga había unha aldea. A aldea foi derrubada para facer unha mina. A mina proporcionaba lignito para alimentar a central térmica. 
Antes do lago, antes da central e antes da mina, cando todo isto eran casas, a xente tivo que emigrar. Agora van demoler a central".

Así se inicia unha película fascinante,na que o grupo de 2º de ESO do CPI O Cruce adéntranos nas memorias de sesenta anos de migracións a través dos retratos de avós, bisavós e familiares que emigraron desde Cerceda a Londres, Suíza ou Alemaña. Agora, tamén a vila é un lugar de acollida para persoas que chegan buscando un futuro mellor.

 "Todos tiñamos algún tipo de relación coa emigración: practicamente todos os nosos avós ou familiares emigraran nalgún momento, aínda que despois retornaran, e agora compañeiros da escola e as súas familias son inmigrantes que viñeron a vivir a Cerceda doutros países".

Proxecto realizado en Cerceda, As Encrobas, Meirama, O Piñeiro, Vilarbello e Xende, no Concello de Cerceda; Alborín no Concello de Carballo; Baiñas no Concello de Vimianzo e O Burgo no Concello de Culleredo.
Co acompañamento de os docentes Pilar Tabarés, Amelia Rodrigues, Asunción del Valle e Marcos Corgo, e do cineasta Xacio Baño.
Proxecto realizado por Saínza Bocixa, Aldara Buceta, Sanela Casal, Lorena Cava, María Gacio, Alba García, Romeo González, Mariana Herreras, Celia Leis, Paula Mareque, Ainara Pallas, Paula Pardo, Daniel Regos, Almudena Rumbo, Carla Santos, Inés Tasende.
venres, 17 xuño, 2022