Entre camiños

CEIP de Tenorio (Cotobade)
6º | Cinema en curso 2021-2022

"Ábrese paso o amencer no Alto da Pena. Vai moito frío. A vila érguese cedo e os habitantes collen camiños diferentes para facer o seu traballo. É primavera e estamos no mes de abril. Esta é unha ollada ao que sucede de cotío en Tenorio."

Así empeza a película filmada polo grupo de 6º de primaria do Ceip de Tenorio. Durante varios meses exploran os arredores da escola e inspirados por Un día en Barbaglia de Vittorio de Seta retratan a vida en Tenorio desde o amencer ata o atardecer, o espertar do día na panadería, o traballo na soldadura, a repartición da carteira e a peixeira, as avoas cociñando, o salón de peiteado, as hortas, o descanso, o paseo coas ovellas, o seu tosquiar, a pastora que recolle as súas cabras, a mercería, a música e o baile no atardecer, cando termina o día.

Proxecto realizado en Tenorio, no Concello de Cerdedo-Cotobade.
Co acompañamento de os mestres José Alberto Portela, Purificación Ruibal, Teresa Solla e Marcos Ameijeiras, e do cineasta Ángel Santos.
Proxecto realizado por Carla Alonso, Leo Alonso, Carla Ambroa, Aroa Barbosa, Nerea Barros, Lucas Cabanelas, Marcos Carramal, Sergio Delgado, Owen Domingo, Ainhoa Fernández, Marta Fernández, Sheila Gómez, Martín Leiro, Martín Losada, Julia Márquez, Iker Martínez, Diego Moreira,
venres, 17 xuño, 2022