Mar de baixura
CEIP A Rúa (Cangas)
6º | Cinema en curso 2021-2022
“Son as 7 da mañá, todo está en calma no porto de Cangas. As gaivotas rompen o silencio. Algúns mariñeiros levan xa varias horas no mar, outros prepáranse para iniciar a xornada”.
Así arranca o película dos alumnos de 6º de primaria do Ceip A Rúa que filma os traballos vencellados á pesca de baixura no mar de Cangas. A través dos retratos e conversas con mariñeiros e traballadores da lonxa descubrimos uns oficios que conforma todo un modo de vida na comarca do Morrazo ao mesmo tempo que coñecemos a dureza, o esforzo, as dificultades e as incertezas do traballo nun futuro próximo.
Proxecto realizado en Cangas
Co acompañamento de as mestras Rosana Rúa, May Iglesias, Verónica Paz e Montse Sotelo, e do cineasta Ángel Santos.
Proxecto realizado por Belén Alfaro, Alía Álvarez, Iara Antepazo, Xiana Rosa Baqueiro, Víctor Campos, Sara Carracelas, Roi Currás, Miguel Fernández, Alexandra Germade, Beltrán González, Noa Lemos, Ilana León, Rubén Llanos, Xián Martínez, Gonzalo Martínez, Gabriel Otero.
venres, 17 xuño, 2022