Da madeira ao mar

IES O Mosteirón (Sada)
4º da ESO | Cinema en curso 2021-2022

Os alumnos de 4º de ESO do IES O Mosteirón filman a carpintería de ribeira do porto de Lorbé. Retrato dun oficio singular, do seu proceso de traballo, das ferramentas que se emplean para fecer un barco de madeira e tamén do porto de Lorbé.

As autoras e autores comentan: “Da madeira ao mar, nace das ganas de dar a coñecer un oficio que está entre os que poden desaparecer en Galicia en poucos anos e que nos parece, desde a figura de Pepe, tan complexo como fermoso: o carpinteiro de ribeira.

Queríamos documentar por un lado o traballo de Pepe no seu taller, e por outro acompañalo da vida no porto. Tamén gustounos a todos a idea de contalo desde a saída do sol ata acabar o día.

Vivimos momentos moi especiais como cando quedamos moi cedo para filmar o amencer, a actividade dos mexilloeiros no porto ao comezar a mañán, o varado dun barco para ser reparado no taller de Pepe, as medusas movéndose ao carón do peiraro…Fixámonos máis en todo o que nos rodeaba…sons, cores, olores”.

Proxecto realizado en Lorbé
Co acompañamento de das docentes Natalia Veira e Marisé Vázquez, e do cineasta Otto Roca.
Proxecto realizado por Nuria Agra, Áxel Cartaya, Paula Casal, Liang Yu Chen, Eduardo Fafián, Uxía Fernández, Ainara Ferreiro, Gabriel Fraga, Daniela Genuario, Jimena González, Ailén Guillemet, Elizabeth Heredia, Frank Alexandre Leuwat, Candela Naveira, Nerea Pampín.
venres, 17 xuño, 2022