Olladas de Muller: cinema desde a emigración
Do 10 de marzo de 2026 ao 13 de marzo de 2026
No marco da exposición Emigrantas. Emerxer do silencio (Quiosco Alfonso, A Coruña, 11 de marzo - 5 de maio de 2026), o ciclo Olladas de Muller propón unha viaxe polo cinema feito por mulleres que narran a emigración desde a súa propia experiencia ou desde a memoria doutras que marcharon.
Durante moito tempo, a imaxe da muller emigrante estivo marcada por estereotipos: sacrificio, espera, subalternidade. Estas películas cambian esa mirada: aquí a muller é autora, é ollada e voz, e transforma o xeito de contar historias.
O cinema convértese nun espazo onde o persoal e o político se entrelazan. Historias familiares, ausencias, despedidas e retornos aparecen na pantalla para reflectir as marcas afectivas e sociais da emigración, e para explorar a identidade en tránsito entre aquí e alá.
As obras combinan linguaxes diversas, do rexistro doméstico á animación, do ensaio autobiográfico á experimentación, e usan fragmentos, arquivos, voces en primeira persoa e silencios para facer visible o que antes quedaba invisibilizado. Non ofrecen respostas pechadas, senón novas maneiras de mirar, sentir e pensar a emigración.
Por Beli Martínez e Keina Espiñeira.
Sesión 1. Etnografías urbanas