A Ciambra
A Ciambra
Pio Amato, Koudous Seihon, Damiano Amato, Iolanda Amato, Patrizia Amato, Susanna Amato, Francesco Pio Amato, Rocco Amato
- 118 minutos
Na comunidade xitana d' A Ciambra (Calabria) impera a lei da rúa, que Cosimo ensina ao seu irmán Pio, de 14 anos. Mais cando este desaparece, o rapaz deberá enfrontarse só aos desafíos do barrio e encarará unha dura proba que testificará se está listo para se converter nun home.
-
-
-
-
Cineclube Padre Feijoo
A Ciambra
-
Jonas Carpignano: “Scorsese fue mi guía espiritual para mi película sobre gitanos”
Entrevista por Camillo De Marco (Cineuropa)
Trailer do filme
Versión con subtítulos en portugués
O extraordinario Pio Amato brilla no segundo filme de Carpignano
Roger Koza (Con los ojos abiertos)
Os italianos, os xitanos, os africanos (e os policías); unha vila na provincia de Calabria; a composición simbólica d’ A Ciambra, segunda película de Jonas Carpignano, ten eses personaxes conceptuais e reais que conviven nun espazo en común. Todos sintetizan unha época que se define polo involuntario nomadismo dos que menos teñen e viaxan a terras estranxeiras máis prósperas. A xulgar por como luce Gioia Tauro, a vila en cuestión, os vellos e novos estraños non escolleron o mellor dos mundos, pero probablemente resulte mellor estar aí.
Como é de imaxinar, a existencia económica do inmigrante é ardua; para conseguir un feixe de euros hai que traballar moito e ás veces nin sequera dese modo se obtén o necesario. Carpignano descubre o funcionamento de toda unha economía delituosa, non de todo suficiente. [...] As dúas horas d’ A Ciambra reúnen episodios en que Pio se proba a si mesmo; observa para actuar, actúa para pagar, e se ben non ten o requisito indispensable para progresar —saber ler—, pode interpretar lucidamente as regras do mundo en que participa.
A Ciambra non é un entre outros filmes de crecemento. Pio Amato, actor e personaxe, xa fora el mesmo en Mediterranea (e nunha curta tamén chamada A Ciambra). Sen el, este filme sería inimaxinable, como tamén se non estivese Koudous Seihon, quen en ambos os dous filmes encarna a Ayiva, un home procedente de Burkina Faso que sobrevive no mesmo barrio. Na discreta solidariedade que se dispensan estes dous personaxes de idades disímiles reside o núcleo ético d’ A Ciambra, unha acción afectiva máis poderosa que o resgardo garantido de pertencer a un grupo lingüístico e cultural.
O rexistro case documental, que non renuncia en ocasións a recursos expresivos que delimitan a representación dentro dunha estrita orde de ficción (o inicio e unha secuencia onírica tardía unidas pola presenza dun animal), ademais do feito de que todos os intérpretes pertencen a ese microcosmos, imprímelle ao xogo da ficción unha relación misteriosa coa verdade. Hai aquí unha figura serodia do neorrealismo, xa lonxe dos ecos da guerra que lle deu nacemento a esa estética pretérita, e agora nun novo século encaprichado en demostrar que as penurias de moitos seguen sendo o contracampo da felicidade (material) de poucos.