Demasiado cerca
Tesnota
Darya Zhovner, Olga Dragunova, Veniamin Kac, Atrem Cipin, Nazir Zhukov
- 118 minutos
Unha familia xudía recibe unha nota de secuestro, en que lles piden un rescate tan alto polos seus achegados que se ven obrigados a vender o seu pequeno negocio e buscar axuda.
-
-
Cineclube Padre Feijoo
Demasiado cerca
-
Tan cerca que quema
Crítica de Víctor Blanes Picó en El antepenúltimo mohicano
Trailer do filme
Versión orixinal subtitulada
Kantemir Balagov: "A miña película está moi ligada á cultura caucásica"
Entrevista de Jaime Iglesias (suplemento Metrópoli, El Mundo)
No pasado festival de Cannes, o descoñecido Kantemir Balagov (Nalchik, República de Kabardia-Balkaria, 1991) asombrou con Demasiado cerca, a súa ópera prima. Con esta cinta, producida por Aleksandr Sokúrov, fíxose cos principais premios da sección Un Certain Regard. A película conta a desintegración dunha familia caucásica, sacudida por un terrible acontecemento, como reflexo da descomposición das estruturas sociais soviéticas nos albores da guerra de Chechenia.
Que ten a institución familiar para ser unha fonte de inspiración recorrente para tantos cineastas?
Moitas posibilidades. Neste caso serve como motor para o conflito principal da trama, que son os intentos de Ila por escapar dun escenario que a ela lle resulta asfixiante porque non lle ofrece garantía de futuro. Nunha familia caucásica e xudía como a súa, os papeis están prefixados e hai pouco espazo para o desenvolvemento das propias inquietudes individuais.
Por que decidiches ambientala a mediados dos anos 90?
Para min cobraba máis sentido se sucedía ao mesmo tempo que a guerra de Chechenia. As incertezas que xerou a desintegración da URSS, o seu desmembramento en pequenos territorios e ese clima bélico que se respiraba na rexión encontran reflexo nos meus personaxes.
Dirías logo que se trata dunha historia local ou universal?
A miña película está moi ligada á cultura caucásica. Cando a presentei en Cannes preocupábame poder explicarlle ao mundo a singularidade da rexión de onde procedo. Para min era moi importante, case tanto como converterme en referente para que outros mozos da zona se animen a facer cine e falen dos nosos problemas.
Que supuxo debutar no cine apadriñado por Aleksandr Sokúrov?
Sokúrov, alén de producir a película, foi unha figura tutelar. Ao seu carón medrei como cineasta e como persoa. El educoume, fíxome evolucionar, deume formación e moitísima confianza, algo que para un director debutante resulta determinante. E máis en Rusia. No meu país, por desgraza, os novos directores adoitan ser mirados con receo.