Narcisa Hirsch 2. Mujeres y hombres y viceversa
- 68 min.
SEÑALES DE VIDA
Narcisa Hirsch | 1979 | Arxentina | Súper 8 | 15 min
AMA-ZONA
Narcisa Hirsch | 1983 | Arxentina | Súper 8 | 16 min
LA NOCHE BENGALÍ
Narcisa Hirsch, Werner Nekes | 1980 | Arxentina | 16 mm a HD | 6 min
A-DIOS
Narcisa Hirsch | 1989 | Arxentina | Súper 8 a HD | 26 min
PINK FREUD
Narcisa Hirsch | 1972 | Arxentina | 16 mm a HD | 10 min
-
(S8) XV Mostra Internacional de Cinema Periférico
Narcisa Hirsch 2. Mujeres y hombres y viceversa
Versión lingüística:VOFormato:HDEntrada gratuíta.
- Ano:1979-1989
- Países de produción: Argentina
Comentarios á sesión
VV.AA.
SEÑALES DE VIDA
Narcisa Hirsch | 1979 | Arxentina | Super 8 | 15 min.
Unha película sobre as luces e as sombras. (Filmoteca Narcisa Hirsch)
AMA-ZONA
Narcisa Hirsch | 1983 | Arxentina | Super 8 | 16 min.
Baseado no mito da Amazona. Un filme particularmente sensorial. A abstracción dunha imaxe fóra de foco transfórmase nunha muller que se despoxa da pel do peito ata que, xa transfigurada, toma novas armas: o arco e a frecha. Federico Windhausen di que «En Ama-Zona e en A-Dios (1989), as meditacións dispersas sobre a independencia feminina, o erotismo, a violencia e a mortalidade entrelázanse a través de representacións líricas de varios espazos —urbanos y rurais, domésticos e públicos— coa mirada en sintonía cos matices da luz, a cor e a sombra». (Cecilia Barrionuevo, Catálogo da Viennale 2023)
LA NOCHE BENGALI
Narcisa Hirsch, Werner Nekes | 1980 | Arxentina | 16mm a HD | 6 min.
Traballo realizado durante o seminario ditado por Werner Nekes (cineasta experimental alemán) en Bos aires, 1980, auspiciado polo Instituto Goethe. (Filmoteca Narcisa Hirsch)
A-DIOS
Narcisa Hirsch | 1989 | Arxentina | Super 8 a HD | 26 min.
Un Home volve da guerra vencido; volve ao fogar. É a fin das batallas e das ideoloxías. Segundo Susana Balán (terapeuta e escritora), hai tres arquetipos do masculino:
Os heroes, mozos que son contestatarios e cuestionan o poder dos deuses.
Os deuses, que foron mozos e puideron na madurez seguir sendo poderosos.
Os homes, que son a maioría, os que non cuestionan a sociedade, nin precisan dominala, son os que atenden o seu traballo e a súa familia.
Narcisa agregou a estes tres arquetipos un cuarto, os alquimistas, os artistas convocados a recrear o mundo e, polo tanto, marxinados, transmutan a materia e fan visible o invisible. (Filmoteca Narcisa Hirsch)
PINK FREUD
Narcisa Hirsch | 1972 | Arxentina | 16mm a HD | 10 min.
Unha muller embarazada dorme profundamente. O home chega á casa cunha bolsa infinita de monecos bebés de plástico que comeza a ordenar e a marcar de maneira obsesiva inundando a imaxe. Unha versión de Brahms (1972) e emparentada co happening Muñecos (1972), no que Hirsch distribúe os mesmos monecos entre os transeúntes de Bos Aires, Londres e Nova York. Unha película abafadora e incómoda acompañada pola música de Pink Floyd. (Cecilia Barrionuevo, Catálogo da Viennale 2023)