Europa
Europa
Alexei Solonchev, Virginie Legeay, Cristina Otero, Juan Moiño, Pablo Moiño, Roman Rymar
- 63 minutos
Uns amantes no albor de 2018 vense inmersos de súpeto na Noitevella de 1999. Unha viaxe alucinante e alucinada entre dúas épocas, con dúas almas que vagan perdidas nesta alegoría de Europa que entroncaría con universos coma o de David Lynch ou Philippe Grandieux.
-
-
Cineclube Lumière
Europa
- Ano:2017
- Países de produción: España
- Guión: Luis Juanes, Miguel Ángel Pérez Blanco
- Fotografía: Michal Babinec
- Montaxe: Guillermo Villar
- Produtora(s): Zapruder Films
-
La película que nació de un sueño
Entrevista reportaxeada de Mireia Mullor en Fotogramas
Trailer do filme
Versión orixinal subtitulada
Unha rave no corazón do bosque
Jordi Costa (El País)
Con materiais parecidos aos que podía ter empregado Josep Maria Fonollosa para escribir un poema con alma de viacrucis insomne (“Ojalá que llegara/el fin del mundo esta noche/y esta noche no acaba, no, nunca acaba”), Miguel Ángel Pérez Blanco, autor das curtametraxes Carretera al Atlántico (2011) e Los dinosaurios ya no viven aquí (2013), asinou unha ópera prima que envolve de enigma e un hermetismo só aparente a súa abafadora claridade de ideas. En Europa hai dous amantes que se desdobran e unha noite que se bifurca (do 31 de decembro de 1999 ao 31 de decembro de 2017) para ofrecer, ao amparo da linguaxe do símbolo e o pesadelo, o diagnóstico dun presente de extravíos e incertezas.
O cineasta, que dedicou un estudo académico á obra do francés Philippe Grandrieux —cineasta esencial do noso tempo que aínda non coñeceu acceso aos nosos circuítos de exhibición—, canaliza boa parte da poética abstracta e atmosférica do autor de Malgré la nuit (2015) nesta estrea radical á que non se lle detectan demasiadas ganas de negociar con ninguén. A idea de Europa segundo Pérez Blanco podería ser a promesa dunha rave brillando inaccesible no corazón dun bosque escuro, arrolada polo murmurio políglota dos excluídos. A película discorre por territorios limítrofes aos da viaxe nocturna do axente Cooper e Carrie Page no último capítulo de Twin Peaks: non cómpre que a razón descifre o que o inconsciente entende.