In die Ende gebaut
- 42 minutos
A película segue a ampliación do Museo Rietberg de Zúrich, desde o comezo do proceso en 2004 ata a súa inauguración en 2007. «Aurand crea un retrato onde fusiona con gran beleza a súa visión co obxecto que observa. As súas imaxes irrompen en movemento, comas os tixolos e a argamasa, a partir de anacos, igual que os obreiros constrúen a ala nova do museo desde o subsolo» (Chris Kennedy) (catálogo Festival Punto de Vista).
- Ano:2008
- Países de produción: Alemaña
- Fotografía: Ute Aurand
- Produtora(s): Ute Aurand Filmproduktion