Universo Agnès Varda
Do 24 de setembro de 2024 ao 21 de decembro de 2024
Celebramos o cinema de Agnès Varda coa difusión de gran parte da súa filmografía, unha das poucas miradas femininas e feministas que se coaron nun «canon» eminentemente masculino. 15 longametraxes e 15 curtametraxes que dan boa conta dunha figura inabarcable, insondable, ingobernable.
Co seu espírito lúdico e vitalista, Varda entendeu e exercitou como ninguén o cinema como medio de expresión persoal, pero tamén como arma que guindar. A súa sombra paira sobre a obra de multitude de cineastas contemporáneos e, aínda hoxe, os seus filmes agudizan a beleza e a estrañeza que sentimos polo mundo que nos rodea. Aínda hoxe, fannos ficar perplexos, coma se mirásemos a realidade por primeira vez. (AVALON)