
As Filmotecas presentan...
As filmotecas restauran e esas restauracións teñen que ser presentadas. Esta sección da programación da Filmoteca de Galicia non pretende outra cousa que abrir un espazo no que, cunha certa regularidade, poidan presentarse as novas restauraciones das distintas filmotecas españolas, ibéricas ou internacionais. As restauracións dos grandes clásicos da historia do cine adoitan acaparar todos os titulares, tamén unha difusión polas canles habituais (desde as reposicións en salas ás edicións videográficas). As filmotecas traballan con eses títulos indiscutibles, tamén con outros moito menos recoñecidos e merecedores do seu (re)descubrimento. Uns e outros forman parte desta sección.
Comezamos esta primeira entrega colaborando e facilitando materiais de dúas filmotecas estatais, Filmoteca Española e Filmoteca de Castilla y León.
Coa colaboración de

El jefe político

El filandón

La montagne infidèle

Furia española

La aldea maldita

Sanz y el secreto de su arte

Los golfos

Carmen de Carabanchel

Margarita y el lobo

Carboneros de Navarra
