
Carmen de Carabanchel
Pilar Romero, Fernando Lacaci, Alicia García Olbes, Joaquín López Díaz
- 15 min.
“Recordo que, ao ver por primeira vez Carmen de Carabanchel, xa me impactou aquel arranque en que uns homes baballaban por unha moza nova sen importarlles que estivesen as mulleres e os catro críos diante. Ao revés, o homiño con aire de oficinista, “al alejarse la chica ondulante”, di Cecilia no guión, tenta meterlle man á muller. E ela quéixase: “Pues hijo… No estás tú animado”. Porque diso trata Carmen de Carabanchel, da represión dunha sociedade franquista onde os anticonceptivos estaban prohibidos e ter relacións sexuais equivalía a traer outro raparigo ao mundo. E máis aínda. Da desesperación da muller nesa sociedade, que recorría a calquera método por salvaxe que fose para practicarse un aborto caseiro.
Cecilia Bartolomé escribiu Carmen de Carabanchel inspirándose nas historias que as súas veciñas do barrio lle contaban no salón de peiteado sobre os seus intentos de aborto con amoníaco. A práctica causou tal conmoción na Escuela Oficial de Cinematografía que a cineasta tivo que repetir curso. Non só porque expoñía abertamente un tema absolutamente tabú senón porque ademais o tratamento era en grao sumo rompedor. Lembremos que nese momento o cinema de Antonioni era a máxima aspiración dos novos estudantes de cinema e Carmen de Carabanchel era unha comedia, unha parodia de óperas como Carmen de Bizet. O humor no cinema de Bartolomé é, desde os seus comezos, un trazo esencial. E quizais debamos concederlle definitivamente a honra de ser a herdeira definitiva do seu profesor favorito na EOC, Berlanga”.
(Andrea G. Bermejo, redactora xefa de Cinemanía, nas súas notas para o programa que Filmoteca Española dedicou á cineasta en marzo de 2022)
-
As Filmotecas presentan...
Carmen de Carabanchel
Margarita y el lobo
Versión lingüística:VOFormato:DCPFilmoteca Española presenta... Entrada gratis.
-
Cineclube Padre Feijoo
Carmen de Carabanchel
Margarita y el lobo
Las novias del sur
Versión lingüística:VOFormato:HD
- Ano:1965
- Países de produción: España
- Guión: Cecilia Bartolomé
- Fotografía: José Luis Alcaine
- Produtora(s): Escuela Oficial de Cinematografía